Tuesday, April 2, 2013
Un poema de Emily Dickinson
Incorpórase á carretilla un poema de Emily Dickinson. É un poema sen título que se coñece polo seu
primeiro verso, I taste a liquor never brewed ou, en galego, Bebo un licor que nunca se destilou.
Este poema, como todos, podería ser traducido de moitas maneiras. Neste caso, a tradución non
reproduce a rima e o número de sílabas do orixinal, senón que se centra en trasladar o “sentido”. Máis
adiante publicarase outra versión que poña a énfase neses aspectos formais.
A verdade é que podería dedicarse un blog só a publicar distintas traducións dun mesmo poema. Por
empregar unha palabra moi dickinsoniana, son infinitas as posibilidades.
Wednesday, March 20, 2013
Máis Ezra Pound
Outro poema de Ezra Pound, O encontro. Como en Nunha estación do metro, o poema céntrase nunha
imaxe, nun momento, pero neste caso a imaxe contén certa narración.
Wednesday, March 13, 2013
Monday, March 11, 2013
Poesía de dominio público traducida ao galego
A carretilla encarnada é un proxecto de tradución ao galego de poesía de dominio público. Pouco a
pouco iranse subindo novas traducións, pero por agora xa están dispoñibles algúns poemas de
William Carlos Williams: A carretilla encarnada, Olfacto, Liñas, Danse Russe e Retrato dunha dama.
pouco iranse subindo novas traducións, pero por agora xa están dispoñibles algúns poemas de
William Carlos Williams: A carretilla encarnada, Olfacto, Liñas, Danse Russe e Retrato dunha dama.
Wednesday, March 6, 2013
Malaquita
Malaquita, de Gertrude Stein
A culler súbita é a mesma sen tamaño. A culler súbita é a ferida na decisión.
[poema orixinal, polo medio da páxina]
Auga ao chover
Auga ao chover, de Gertrude Stein
Auga prodixiosa e difícil fai de vez unha pradeira e unha pincelada.
[poema orixinal]
Un vestido longo
Un vestido longo, de Gertrude Stein
Cal é a corrente que constrúe a maquinaria, que a fai renxer, cal é a corrente que presenta unha liña longa e unha cintura necesaria. Cal é esta corrente.
Cal é o vento, que é.
Onde está a lonxitude serena, está alí e un lugar escuro non é un lugar escuro, só un branco e un vermello son negros, só un amarelo e un verde son azuis, un rosa é escarlata, un lazo é todas as cores. Unha liña distíngueo. Unha liña simplemente o distingue.
[poema orixinal, polo medio da páxina]
Subscribe to:
Posts (Atom)