Wednesday, March 6, 2013

Malaquita



Malaquita, de Gertrude Stein



A culler súbita é a mesma sen tamaño. A culler súbita é a ferida na decisión.





[poema orixinal, polo medio da páxina]

Auga ao chover



Auga ao chover, de Gertrude Stein



Auga prodixiosa e difícil fai de vez unha pradeira e unha pincelada.




[poema orixinal]

Un vestido longo




Un vestido longo, de Gertrude Stein



Cal é a corrente que constrúe a maquinaria, que a fai renxer, cal é a corrente que presenta unha liña longa e unha cintura necesaria. Cal é esta corrente.

Cal é o vento, que é.

Onde está a lonxitude serena, está alí e un lugar escuro non é un lugar escuro, só un branco e un vermello son negros, só un amarelo e un verde son azuis, un rosa é escarlata, un lazo é todas as cores. Unha liña distíngueo. Unha liña simplemente o distingue.



[poema orixinal, polo medio da páxina]

Tuesday, March 5, 2013

Habito na Posibilidade




Habito na Posibilidade, de Emily Dickinson



Habito na Posibilidade –

unha Casa mellor cá Prosa –

cun número maior de Fiestras –

e superior – en Portas –



Cunhas Alcobas coma Cedros –

impenetrables para os ollos –

e por Tellado infinito

as Bóvedas do Ceo –



Cuns Visitantes – os mellores –

por Ocupación – Isto –

despregar as Mans estreitas

para recoller o Paraíso –



[poema orixinal]

Monday, March 4, 2013

Bebo un licor que nunca se destilou



Bebo un licor que nunca se destilou, de Emily Dickinson



Bebo un licor que nunca se destilou --

de Xerras talladas en Perlas --

nin todas as Cubas do Rin

producen un alcol igual!



Ebria de aire -- así estou --

e bébeda de orballo --

cambaléome -- nos días de verán que nunca rematan --

nas pousadas de Azul Fundido --



Cando os “Donos” boten á abella bebida

pola porta do Foxglove --

cando as bolboretas -- renuncien ao “néctar” --

eu aínda beberei máis!



Ata que os serafíns axiten os seus chapeus nevados--

e os Santos -- corran ás fiestras --

para ver á borrachiña

apoiándose no -- Sol --






[poema orixinal]

Sunday, March 3, 2013

O encontro




O encontro, de Ezra Pound



Todo o tempo que estiveron discutindo a nova moralidade

os seus ollos examinábanme.

E cando me erguín para marchar

os seus dedos foron como o tecido

dun pano de papel xaponés.





[poema orixinal]

Saturday, March 2, 2013

Nunha estación do metro



Nunha estación do metro, de Ezra Pound




A aparición      desas faces     na multitude   :

pétalos     nunha rama     negra e mollada   .






[poema orixinal]