Monday, March 4, 2013

Bebo un licor que nunca se destilou



Bebo un licor que nunca se destilou, de Emily Dickinson



Bebo un licor que nunca se destilou --

de Xerras talladas en Perlas --

nin todas as Cubas do Rin

producen un alcol igual!



Ebria de aire -- así estou --

e bébeda de orballo --

cambaléome -- nos días de verán que nunca rematan --

nas pousadas de Azul Fundido --



Cando os “Donos” boten á abella bebida

pola porta do Foxglove --

cando as bolboretas -- renuncien ao “néctar” --

eu aínda beberei máis!



Ata que os serafíns axiten os seus chapeus nevados--

e os Santos -- corran ás fiestras --

para ver á borrachiña

apoiándose no -- Sol --






[poema orixinal]

No comments:

Post a Comment