Tuesday, February 26, 2013

Retrato dunha dama




Retrato dunha dama, de William Carlos Williams



As túas coxas son maciñeiras

cuxas flores tocan o ceo.

Que ceo? O ceo

no que Watteau colgou a chinela dunha

dama. Os teus xeonllos

son unha brisa do sur -- ou

unha bafarada de neve. Agh! Qué

tipo de home era Fragonard?

-- Como se iso fose a resposta

de algo. -- Ah, si. Por debaixo

dos xeonllos, xa que a melodía

di así, é

un deses días brancos de verán,

a herba alta dos teus nocellos

brilla na beiramar --

Que beiramar? --

a area pégaseme aos beizos --

Que beiramar?

Agh, pétalos, se cadra. Como

o vou saber?

Que beiramar? Que beiramar?

-- os pétalos dunha maciñeira

agochada -- Que beiramar?

Dixen pétalos dunha maciñeira.




[poema orixinal]

No comments:

Post a Comment