Monday, February 3, 2014
Outros dous poemas de Gertrude Stein
Hoxe engadimos a tradución ao galego doutros dous pequenos poemas de Tender Buttons (1914),
de Gertrude Stein. Son Malaquita e Auga ao chover.
Wednesday, October 9, 2013
Volve A carretilla encarnada
Despois dun longo parón, volve A Carretilla Encarnada, e desta vez en plan suicida: cun poema de Gertrude Stein,
Un vestido longo. Trátase dun dos «Obxectos» que Stein incluíu no seu libro Tender Buttons (1914).
Wednesday, May 15, 2013
Emily Dickinson habita na Posibilidade
Despois dun tempo, nova actualización n’A carretilla encarnada: outro poema de Emily Dickinson, o
seu célebre poema 466 que comeza co verso I dwell in Possibility. En galego, Habito na Posibilidade.
Tuesday, April 2, 2013
Un poema de Emily Dickinson
Incorpórase á carretilla un poema de Emily Dickinson. É un poema sen título que se coñece polo seu
primeiro verso, I taste a liquor never brewed ou, en galego, Bebo un licor que nunca se destilou.
Este poema, como todos, podería ser traducido de moitas maneiras. Neste caso, a tradución non
reproduce a rima e o número de sílabas do orixinal, senón que se centra en trasladar o “sentido”. Máis
adiante publicarase outra versión que poña a énfase neses aspectos formais.
A verdade é que podería dedicarse un blog só a publicar distintas traducións dun mesmo poema. Por
empregar unha palabra moi dickinsoniana, son infinitas as posibilidades.
Wednesday, March 20, 2013
Máis Ezra Pound
Outro poema de Ezra Pound, O encontro. Como en Nunha estación do metro, o poema céntrase nunha
imaxe, nun momento, pero neste caso a imaxe contén certa narración.
Wednesday, March 13, 2013
Monday, March 11, 2013
Poesía de dominio público traducida ao galego
A carretilla encarnada é un proxecto de tradución ao galego de poesía de dominio público. Pouco a
pouco iranse subindo novas traducións, pero por agora xa están dispoñibles algúns poemas de
William Carlos Williams: A carretilla encarnada, Olfacto, Liñas, Danse Russe e Retrato dunha dama.
pouco iranse subindo novas traducións, pero por agora xa están dispoñibles algúns poemas de
William Carlos Williams: A carretilla encarnada, Olfacto, Liñas, Danse Russe e Retrato dunha dama.
Subscribe to:
Posts (Atom)